A Ruta da Camelia xa conta con sinalización turística
Por Redacción
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou a sinalización turística da Ruta da Camelia que abarca na provincia un total de 50 sinais que referencian todos os xardíns e contornas incluídas neste produto turístico, situados nos concellos de Pontevedra, A Estrada, Meis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa, Vigo e Soutomaior.
"A Ruta da Camelia convértese no fío condutor para ir descubrindo o noso patrimonio vexetal, natural, a arquitectura dos nosos pazos o noso patrimonio eclesiástico e monástico; a riqueza da nosa gastronomía de costa e de interior", explicou Nava Castro durante a presentación.
Así, co obxectivo de dar a coñecer este símbolo de identidade aos nosos visitantes e turistas, a directora de Turismo de Galicia, engadiu que por iso a Ruta da Camelia conta ca cunha sinalización turística propia que permitirá identificar máis se cabe "un recurso que incide na nosa imaxe de destino experiencial e destino evocador de emocións e sensacións".
Deste xeito, referiuse ao Castelo de Soutomaior, á finca da Saleta, en Meis; o pazo de Quinteiro da Cruz, en Ribadumia; o Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa; dos que dixo "son exemplos de espazos na provincia de Pontevedra onde residen exemplares de diferentes especies coma a xapónica, a reticulata, a sinensis ou a sasanqua".
Nava Castro lembrou que as camelias, ademais de adornar espazos privados, forman parte de numerosos xardíns e incluso están presentes nos centros das cidades. Así, engadiu, "podemos atopalas na Praza da Ferrería, na Rúa da Oliva on no cemiterio de San Mauro, así como nos xardíns do Pazo Provincial, no Palacete de Mendoza, na Finca do Areeiro ou no Pazo de Lourizán".
Galicia é o segundo lugar do mundo con máis especies de camelia, despois de Xapón, concretamente, existen unhas oitenta especies e preto de 30.000 variedades diferentes de camelia.
Relacionadas:
-
Pontevedra aspira a situarse no mapa mundial das camelias
Por Elena Álvarez Quintá |
-
As Rías Baixas venderán en Fitur o seu "sabor a festa"
Por Oskar Viéitez |
-
As oficinas de turismo do Palacete das Mendoza e Armenteira gañan o distintivo "Q" de Calidade
Por Redacción |
-
'A fada das camelias', un libro infantil sobre a flor das Rías Baixas
Por Redacción |
-
Empresarios chineses interésanse na compra dun terreo na provincia para producir e exportar aceite de camelia
Por Diego Espiño |
-
O Xardín da Saleta, unha das marabillosas xoias de Galicia
Por Redacción |
-
Areeiro asesorará a unha empresa coruñesa para producir o primeiro té ecolóxico de Europa
Por Oskar Viéitez |