Instalan trinta novos brazos de amarre no porto do Grove
Por Redacción
Portos de Galicia dotará ao peirao pesqueiro do Corgo, no municipio pontevedrés do Grove, dun total de 29 brazos de amarre para os pantaláns da terceira lista. O presidente do ente público, José Juan Durán, comprobou este luns os traballos de instalación dos chamados fingers.
En concreto, os brazos de amarre instalaranse nos pantaláns de embarcacións menores, para facilitar o seu atraque e a estabilidade das embarcacións chegadas a porto. Trátase de 29 fingers de 4 metros de lonxitude e o importe total da actuación é de 35.500 euros, IVE excluído.
Deste xeito, Portos de Galicia busca reforzar a seguridade dos usuarios do porto grovense e mellorará as condicións de traballo dos profesionais do mar.
A instalación dos brazos de amarre no porto do Corgo foi unha petición trasladada pola confraría de pescadores e o Concello do Grove a Portos de Galicia.