As fincas urbanas da área de Sequelo, vítimas dun novo acto vandálico
Por Redacción
Novos actos vandálicos causaron danos en mobiliario urbano do Concello de Marín. Se a semana pasada foron os baños novos da área de recreo da praia de Aguete, esta vez tocoulle a quenda ás fincas urbanas que o goberno municipal puxo a disposición dos veciños na área de Sequelo.
Os estragos producíronse no valo que separa as devanditas hortas do paseo que discorre ao lado do río, que foron despois botadas á súa canle.
As reparacións faranse unha vez que rematen as festas do Nadal. Antes non será posible polas vacacións do persoal e ás actuais reparacións que están a realizar as brigadas municipais.
Dende o Concello lamenta que haxa xente que "non acabe de entender que cando se destrúen elementos públicos, as reparacións que se fan unha e outra vez saen de partidas que seguramente había que destinar a outras cousas".
Algo similar, recordan, pasa co parque de Briz, cuxos elementos hai que reparar cada vez que acaban rotos ou pintados.
Relacionadas:
-
Marín volverá sortear 18 hortas urbanas sobrantes
Por Redacción |
-
Os interesados xa poden solicitar unha horta urbana ecolóxica en Marín
Por Redacción |
-
A Finca de Briz seguirá dando a nota
Por Redacción |
-
Denuncian no xulgado a aparición de pintadas franquistas no monolito da Cruz da Maceira
Por Redacción |