A última poxa eléctrica condiciona negativamente o futuro dos traballadores de Elnosa
Por Oskar Viéitez
O resultado da última poxa eléctrica condiciona negativamente o futuro dos traballadores de Elnosa na ría de Pontevedra.
A electroquímica de Lourizán ten tres elementos básicos para os seus custos de produción: os salariais, prezos do sal e os da enerxía eléctrica.
Segundo informou o secretario comarcal de Comisións Obreiras en Pontevedra, José Luis García Pedrosa, Elnosa tivo que acudir a esa poxa "obtendo un prezo da enerxía moi alto e iso supón que se van ter que tomar algún tipo de medidas restritivas, posiblemente conxelación de salarios e podería ser mesmo de redución de persoal", afirmou.
A situación de Elnosa é similar á da multinacional estadounidense Alcoa que anunciara aos comités de empresa de Avilés e A Coruña o inicio das xestións para emprender un despedimento colectivo de extinción en senllas factorías tras o resultado da poxa de interrumpibilidade para as grandes consumidoras industriais.
Finalmente a compañía Alcoa comunicou que retirará o procedemento de despedimento colectivo tras confirmar oficialmente os resultados da poxa dos servizos de interrumpibilidade.
Lamentablemente, segundo Comisións Obreiras, o caso de Elnosa non correu a mesma sorte na poxa eléctrica xa que ten deixando os traballadores nunha situación vulnerable.