7.617 Cuarto premio vendido en Pontevedra, A Lama, Illa de Arousa
Por Redacción
O número 7.617 foi agraciado co primeiro dos cuartos premios do Sorteo da Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie.
Foi vendido nas localidades de Pontevedra, A Lama e A Illa de Arousa, entre outras localidades galegas como Ourense, Carballo, Escairón (Lugo), Noia, Tomiño.
O número foi cantado ás 10.30 horas no terceiro arame da cuarta táboa.
En Pontevedra foi vendido pola administración de lotaría número 7 da rúa Loureiro Crespo.
"No tengo ni idea de quien lo compró, ni cuándo lo vendí", dixo a loteira, Ana Muiños. En todo caso só foi só un décimo "de terminal".
Ana Muiños indicou que "hace quince días que ya no nos queda el número siete".
Na Illa de Arousa vendeuno a administración número 1 sita na Travesia do Cruceiro. O loteiro, Manuel Núñez, dixo que fora vendido "nun ticket de máquina" polo que salientou que fora "unha mágoa que non lle tocara a un grupo grande de xente".