Tomeza estrea centro social en Lusquiños
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Os veciños de Tomeza inauguraron o seu novo centro social, tras a reconversión da antiga escola de Lusquiños.
O adianto do remate da reforma permitiu estrear este sábado as remodeladas instalacións, nun acto presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
Esta rehabilitación foi unha das prioridades do Consello parroquial de Tomeza. Trátase dunha obra consensuada con todas as asociacións da parroquia, que tamén priorizaron a mellora do campo da festa.
Ata o de agora, o edificio estaba dividido en dúas partes: o que era colexio e o que era casa do mestre. Esta última está en moi mal estado, polo que a actuación foi integral para habilitar toda a superficie do edificio: un novo acceso cunha sala de estancia (lectura), unha sala de usos múltiples que se pode ampliar co peche da terraza do edificio, creouse unha nova aula no que era vivenda do mestre, onde tamén se situaron os aseos e o almacén do local social. Tamén dispón dunha pequena cociña para realizar cursos.
A rehabilitación tamén incluiu melloras de eficiencia enerxética tanto na carpintería, na iluminación, e no tellado. Tamén ten o mobiliario adecuado así como acceso ás novas tecnoloxías a través de proxector, ordenador ou equipo de son, entre outros.
Relacionadas:
-
Ultiman a renovación e reordenación de espazos da Casa da Cultura de Estribela
Por Redacción |
-
As obras para converter a escola unitaria de Lusquiños nun centro social avanzan a bo ritmo
Por Redacción |
-
Rehabilitarán a escola unitaria de Lusquiños (Tomeza) para convertila nun centro social
Por Alejandro Espiño |