A 'árbore do Betis', os veciños bromean co Nadal verdibranco en Ponte Caldelas
Por Redacción
'Musho árbol, musho árbol, eh eh,' chancearon os veciños co adorno instalado nos xardíns da Alameda, xunto á fonte de chafarís polos seus leds de cor branca e verde, igual que o equipo do Real Betis Balompié.
Esta incorporación luminosa vén a poñer a guinda decorativa do Nadal no centro da vila de Ponte Caldelas que, este ano, loce uns adornos inspirados en composicións tradicionais do Nadal feitas a base de combinacións coloristas con lámpadas led de baixo consumo.
O Concello e a asociación de comerciantes COEMPO ofrecerán, a partir desta semana que agora comeza, un amplo programa de actividades para todas as idades coa intención de potenciar e promover as compras no comercio local e que terá como epicentro a Alameda da vila e como principais destinatarios os máis pequenos da casa.