E se os que entran na túa casa non son os Reis Magos?
Por Redacción
Ante a inminente chegada das vacacións de Nadal e a ausencia de moitos dos cidadáns das súas vivendas habituais para viaxar a outros puntos turísticos, a Comisaría Provincial de Pontevedra aconsella os cidadáns que teñan en conta as seguintes recomendacións:
ANTES DE SAÍR DE VACACIÿNS
No seu domicilio
- Comprobe que ventás e portas están ben pechadas, e estas últimas con dúas voltas de chave.
- Non baixe totalmente as persianas e se lle é posible instale un reloxo programador para iluminar distintas estanzas da vivenda a diferentes horas.
- Non deixe diñeiro nin obxectos de valor.
- Faga fotografías e unha relación detallada de xoias, cámaras de fotografía, TVs, videos e outros aparatos, cos seus números de serie, para facilitar a súa identificación.
- Non desconecte o timbre da porta. ÿ un sinal inequívoco de ausencia.
Con relación aos seus veciños ou coñecidos
- Que ningún membro familiar divulgue a ausencia do domicilio por vacacións nas redes sociais ou por mensaxes telefónicas.
- Comunique só aos máis achegados onde poden localizalo.
- Deixe a chave a unha persoa de confianza para que realice visitas periódicas e recolla a correspondencia da caixa de correo.
DURANTE O DESPRAZAMENTO AO LUGAR
- No traxecto ao seu lugar de vacacións ou nas áreas de descanso, extreme as medidas de seguridade respecto ao seu vehículo e pertenzas e requirimentos estraños. En caso de percibir unha situación anómala, póñaa en coñecemento dos servizos policiais.
- Tanto en garaxes como na vía pública, evite deixar obxectos de valor no interior do vehículo e retire as ventosas que indiquen a existencia de aparatos tales como GPS ou outros.
Se utiliza transporte público
- Non facture ao seu nome equipaxes de persoas descoñecidas.
- Identifique claramente as súas pertenzas antes de facturalas.
- Evite viaxar con cantidades importantes de diñeiro enriba.
- Non confíe o transporte das súas maletas a persoas que non estean debidamente acreditadas.
- Se viaxa en tren ou autobús, non perda de vista a súa equipaxe, especialmente en paradas intermedias.
NO LUGAR ELIXIDO
No hotel ou apartamento
- Adopte as medidas de seguridade que habitualmente utiliza na súa casa.
- Manteña en lugar seguro os seus obxectos de valor, diñeiro e tarxetas de crédito.
- Ao ausentarse, deixe a radio posta e, se é de noite, acenda algunha luz, para dar a aparencia de que vostede se encontra dentro.
En lugares públicos
- Coide o seu bolso ou carteira naqueles espazos onde concorran moitas persoas (mercados, espectáculos, etc.).
- Vixíe os seus obxectos persoais, especialmente bolsos, cámaras, maletas, móbiles en terrazas, bares, barras de bar...
- Tome as debidas precaucións para impedir que bolsos, xoias ou obxectos similares lle poidan ser arrebatados. Desconfiar das axudas "sospeitosas" (por exemplo, aviso de manchas na roupa) porque adoitan ser argucias para roubalo.
SE QUEDA
Avise a policía se
- Observa xente estraña no portal ou roldando na rúa.
- Escoita ruídos en vivendas ou locais daqueles veciños que teña coñecemento que se encontran de vacacións.
RECORDE SEMPRE
- Non facilite á súa entrada ou saída do edificio o acceso a persoas descoñecidas a este.
- Cando chamen o telefonillo da súa vivenda non abra nunca a descoñecidos, evitando así o acceso ao edificio sen control de estraños.
- Esixa sempre acreditación aos representantes de servizos técnicos (gas, luz, auga, etc.) e confírmea telefonicamente se fose preciso.
Ademais destas recomendacións e para garantir a seguridade e o benestar dos cidadáns durante o período do Nadal seguiranse realizando controis policiais tanto á entrada como á saída da cidade e establecéndose ademais servizos extraordinarios cando sexan necesarios.
Siga os consellos e goce das súas vacacións sabendo que, como sinala a Comisaría, Pontevedra é unha cidade segura.
TELÿFONO DE EMERXENCIAS: 112 ó 091