O Nadal, época de limpeza en profundidade de todos os comedores escolares do municipio
Por Redacción
Aproveitando a época de Nadal o Concello de Pontevedra fará unha limpeza en profundidade de todos os comedores escolares, tanto na zona urbana como no rural.
Esta iniciativa, que coordina a concellaría de Servizos, xurdiu a raíz dun acordo ao que chegou a concelleira Carme da Silva coa directiva da Fanpa, responsable dos comedores escolares no municipio de Pontevedra.
O acordo consiste en facer unha limpeza en profundidade destes comedores nos períodos vacacionais dos centros.
A primeira que se fará será neste Nadal e consistirá tanto na limpeza do mobiliario, como dos chans, teitos, cristais e todos os elementos que integren os espazos dos comedores.
Relacionadas:
-
Agustín Fernández reúne as ANPAS de Pontevedra para escoitar as súas propostas
Por Redacción |
-
As ludotecas de Nadal desdóbranse en función das idades e o idioma: galego ou inglés
Por Redacción |
-
Renovado o convenio entre Concello e a Fanpa para financiar, entre outros, os comedores escolares
Por Alejandro Espiño |