Ponte Caldelas aproba o seu presupostos cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e o abandono do PSOE
Por Oskar Viéitez
A Corporación Municipal de Ponte Caldelas aprobou, cos votos a favor do PPdeG, o abandono do Pleno por parte dos dous edís socialistas e a abstención do BNG, os presupostos municipais para o ano 2015 que alcanza un montante total de 3.2 millóns euros, lixeiramente superior ao do exercicio anterior.
Segundo o alcalde, Perfecto Rodríguez, manteñen unha liña de continuidade baseada en garantir con solvencia a prestación de todos os servizos públicos municipais sen recorte ningún sobre todo en materia social e con todas as súas taxas conxeladas.
O voceiro socialista, Andrés Díaz, manifestou a súa desconformidade co documento ao que tachou de electoralista por reflectir a subvención municipal a cinco casas do pobo e a intervención na mellora de varios camiños veciñais que achacou á proximidade da celebración dos comicios locais.
Cualificou o presuposto dunha falta de respecto cara aos veciños e abandonou o salón de plenos en compañía da nova edil socialista.
Pola súa banda, o rexedor Perfecto Rodríguez cualificou de lamentable a actitude do voceiro socialista e considerou pouco democrática a súa ausencia voluntaria do pleno sen dar a oportunidade ao debate.