Marín solicita por vez primeira a Bandeira Azul para a praia do Santo
Por Redacción
Tres praias marinenses -catro se se suma a de Lapamán, a medias con Bueu- contan dende hai anos co distintivo Bandeira Azul, que identifica as praias de maior calidade ambiental. Trátase de Portocelo, Mogor e Aguete. As tres aspiran a repetir recoñecemento en 2015, pero o goberno municipal intentará conseguilo para outros dous dos seus areais, Loira e a praia do Santo.
As concellarías de Medio Ambiente e Turismo, que dirixen Marián Sanmartín e Cristina Acuña, presentaron toda a documentación necesaria para solicitar este distintivo para estas cinco praias. Agora estarán pendentes xa da súa tramitación.
O goberno municipal entende que a calidade da auga de todas elas é excelente, salvo no caso de Loira que é suficiente. Ademais, comprométense a dotalas dos servizos que resulten necesarios.
Marín presenta por primeira vez a candidatura da praia do Santo, situada na parroquia de Ardán. Aseguran que conta cunha calidade da auga excelente e se resulta concedido o galardón, o Concello acometerá unha serie de investimentos pata adecuarse aos estándares de calidade esixidos pola organización que concede estes distintivos.
"A nosa pretensión é seguir poñendo en valor noso litoral, engadindo distintivos de calidade que poñan en valor noso maior reclamo turístico", sinalan dende o Concello de Marín.
Relacionadas:
-
Marín mellora os accesos á praia do Santo para 'sumar puntos' pola Bandeira Azul
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas solicita formalmente a bandeira azul para a praia fluvial da Calzada
Por Redacción |
-
As praias con bandeira azul de Sanxenxo obteñen o certificado de excelente na calidade das augas
Por Redacción |