Chegan os artesáns á praza do Teucro
Por Redacción
Trinta e cinco artesáns chegados, na súa meirande parte, da provincia de Pontevedra, instalaránse estes días na céntrica praza do Teucro para participar nunha nova edición da Feira de Artesanía e Agasallo PonteNadal.
A feira abre este venres e permanecerá operativa ata o 5 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas.
Este certame xa está consolidado logo de 14 anos consecutivos, segundo salientaron na súa presentación a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o presidente do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago.
O horario da feira será de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas
Carlota Román destacou que PonteNadal demostra todos os anos o seu poder de atracción gracias a unha oferta diferenciada, que aposta polo produto singular e local. Obxectos feitos a man e moi distintos dos que se poden atopar en calquera gran superficie de calquera lugar do mundo, onde predominan os produtos industriais e despersonalizados.
Miguel Lago coincidiu en que na praza do Teucro pódense atopar os regalos máis orixinais e subliñou que a oferta cobre campos tan distintos como o coiro, a cerámica, a bisutería, a prata ou os complementos.
Ademáis dos artesáns locais tamén haberá dous representantes que veñen dende Asturias e Zaragoza con propostas moi singulares. Haberá tamén presenza de tres oenegués: Solidariedade Internacional, Amencer-Aspace e a Asociación Alba.
A concelleira destacou que a feira de artesanía vén completar outras iniciativas que promove directamente o seu departamento municipal como Pontexogos (o programa que se oferta dende a praza de España para facer posibles as compras do Nadal co coidado dos nenos) e a Feira de Doces de Convento, pensada para dinamizar a Praza de Abastos na campaña de Nadal.
Relacionadas:
-
Pontevedra 'on ice', volven as cuadas ao recinto feiral
Por Mónica Patxot |
-
Miguel Anxo, "enviado de Deus"
Por Oskar Viéitez |
-
O iglú máis divertido está na praza de España
Por Mónica Patxot |
-
Un rocódromo e un minicine, principais novidades de Pontexogos
Por Redacción |
-
A tentación vive arriba, volven ao Mercado os doces de convento
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez | Creada e actualizada