O colexio Carballal conecta con Laponia
Por Redacción
Grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, os alumnos de infantil do colexio Carballal conectaron con Laponia para falar con Papa Noel.
Os nenos estiveron acompañados pola concelleira de educacion, Marian Sanmartín. Anteriormente xa pasaron alumnos da Galiña Azul, O Grupo, Nosa Señora do Carmen e A Laxe.
O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu quinto aniversario e que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación fluída e cara a cara entre Papá Noel e os nenos, poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.
Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.