Empeza o balizado da praia da Concha-Compostela
Por Oskar Viéitez
A Cofradía de Santiago Apóstolo de Carril empezará de xeito inminente o balizado da praia da Concha Compostela.
Os traballos dependerán agora das mareas.
As mariscadoras esixiron á Consellería do Mar que non retiren os antigos límites de explotación da praia para que quede ben reflectido o terreo que están perdendo de explotar.
Trala colocación dos novos límites, as mariscadoras xa poderán volver á praia a traballar e a extraer o marisco, así como proceder a súa semente.
Esta agrupación estivo afastada do arenal desde o pasado mes de setembro cando a Consellería deu a coñecer os novos límites de explotación e as mariscadoras mostraron a súa disconformidade.
Foi entón cando a Xunta impediu ás mariscadoras que traballasen no pósito ata chegar a un acordo.