'PontevedraPode' presenta a súa candidatura a dirixir a estrutura local de Podemos
Por Diego Espiño
O proceso constituínte da estrutura municipal de Podemos en Pontevedra segue o seu curso e encara a votación, entre os días 26 e 31 de decembro, que decidirá a representación oficial do partido dirixido por Pablo Iglesias na capital da provincia.
Tralo aval do Círculo Podemos Pontevedra en asemblea, a lista 'PontevedraPODE' presentouse oficialmente como candidata a ocupar os postos de dirección local.
Trátase dunha lista formada por 11 persoas e que encabeza Marcos Fontán como candidato á Secretaría Xeral.
Fontán defende que "este grupo o que vén a defender é o ADN e as liñas fundamentais de Podemos para ter unha continuidade no proxecto que estamos vivindo como cidadáns no cambio político e social do noso país".
Esta lista fórmana ademais Marcos Cal, Guillermo Casalderrey, Marta Díaz, Patricia Díaz, Noemí Martínez, Ricardo Ferradás, Ángela Rodríguez, Estela Baleirón, Iván Urtaza e Aloisio Suárez.
Respecto de as próximas eleccións municipais o grupo asegurou que "estamos xerando a base e as estructuras para poder tomar todo tipo de decisións, entre outras a participación nas municipais ou un apoio as diferentes candidaturas que podian haber", pero polo momento "non temos un posicionamiento", aclarou Marcos Cal.
Ademais das 11 persoas de 'PontevedraPODE' outro grupo, denominado 'Queremos Boa Vila' e encabezado por José Ángel Araújo, expresou o seu desexo de participar nas eleccións ao Consello Municipal.
Relacionadas:
-
Marcos Fontán: "Podemos permíteme canalizar a miña indignación para facer deste país outra cousa diferente"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Marcos Fontán, elixido secretario municipal de Podemos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Podemos inicia o seu proceso constituínte no ámbito municipal de Pontevedra
Por Redacción |