Juárez insiste en que o Goberno recorrerá a posible "fraude de lei" das pagas
Por Oskar Viéitez
O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, reitera a súa vontade de recorrer aos tribunais a posible "fraude de lei" cometida por algúns concellos, como o de Pontevedra, por aboar unha cantidade similar á paga extra aos funcionarios mediante outros conceptos como o de productividade, o que podería supor que tivesen que devolver o diñeiro percibido.
Así o advertiu hoxe Juárez na Coruña precisando que "existe una obligación por parte de todas las administraciones públicas de no incrementar los costes de personal a lo largo de este año y que las cantidades correspondientes a la paga extra se destinen a otros usos".
Desde a Delegación do Goberno requiriron por carta aos concellos para que certifiquen que as cantidades da paga extra foron retidas e estanse destinando aos usos correspondentes.
Foi o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quen respondeu a Samuel Juárez afirmando "eu non sei se hai que perseguir os alcaldes que pagan a extra os funcionarios ou a Rajoy e Feijóo por roubarlla".
O líder nacionalista considera que hai cuestións "absolutamente inxustas, inútiles e que non se deberían permitir na medida que un poida, e o BNG non o vai a permitir" polo tanto engadiu Vázquez "que o Goberno faga o que queira, pero a súa obriga é non seguir saqueando a xente para seguir cebando a Banca que é o que están facendo, engordando os Botines e compañía, e non quitando pagas extras para que o final todo vaia peor, comercio peor, o paro aumente, un desastre", concluíu.