O xeneral da Brilat anuncia á tropa un ano 2015 austero e cheo de recortes
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
O xeneral da Brilat, Luis Cebrián Carbonell, advertiu as tropas pontevedresas que 2015 será un ano no que se adoptarán medidas anticrise ante os recortes orzamentarios.
"Reemplazaremos los días de maniobras que nos falten con jornadas de instrucción continuadas", afirmou Cebrián, quen non dubido en pedir o persoal da base de Figueirido "plena dedicación" para obter "los mayores resultados" aínda contando con "medios austeros".
"Cada disparo de instrucción debe ser disparado como si en guerra se tratara", indicou Cebrián Carbonell. "El mantenimiento y cuidado de los materiales deben ser una constante en cada día de trabajo", engadiu.
Na súa alocución con motivo da parada militar coa que se celebrou a festividade da Inmaculada Concepción, patroa da Infantaría, Luis Cebrián recordou que "las exigencias de nuestro deber son las mismas que las de los tiempos de abundancia", non obstante, "los medios para llevarlo a cabo son todos los que nuestro país puede darnos".
Polo seu elevado custo, entre outras medidas, o Ministerio de Defensa reducirá as manobras nos campos de adestramento de San Gregorio e El Ferral, en Zaragoza e León, respectivamente.
Neste contexto o xeneral da Brilat instou os seus a "aprovechar al máximo los medios disponibles" e a "aceptar los sacrificios adicionales".
HOMENAXES
Nesta parada militar, presidida polo xeneral Francisco Javier Abajo Merino, Xefe da Forza Loxística Operativa, rendeuse homenaxe á axente da Policía Nacional Vanessa Lage Carreira, asasinada o pasado 28 de novembro nun atraco en Vigo.
Tamén se recordou á cabo Idoia Rodríguez Buján, falecida nun atentado terrorista acontecido en Afganistán o 21 de febreiro de 2007. No seu caso, outorgóuselle, a título póstumo, a Gran Cruz da Orde de Recoñecemento Civil ás Vítimas do Terrorismo.
A imposición de condecoracións continuou coa entrega da Encomenda da Real Orde de Recoñecemento Civil ás Vítimas do Terrorismo concedida ao capitán Juan Jesús Rodríguez Lahore, os cabos primeiros Fernando Caldas Domínguez e Rubén López Colmenero, o cabo Roi Villa Souto e o Garda Civil Jorge Lamo del Río.
Relacionadas:
-
Se estiveches na festividade da Inmaculada na Brilat, é posible que aparezas aquí
Por Mónica Patxot |
-
Queres entrar no Exército? Defensa convoca 40 novas prazas en Pontevedra
Por Redacción |
-
"Decepción" entre os sindicatos policiais pola "maquillaxe" da repartición de chalecos antibalas
Por Oskar Viéitez |
-
Saen de Lavacolla os últimos soldados da Brilat que participarán na misión de Afganistán
Por Redacción |
-
Santa Bárbara, non só cando trona
Por Redacción |
-
A Brilat despide os 280 militares que asumirán en Afganistán unha misión con risco "calculado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat asume en Afganistán a seguridade da Base de Apoio e aeroporto de Herat
Por Redacción |