ÿxito de público para escoitar os 71 participantes no concurso de karaoke de Marín
Por Diego Torrado
Centos de persoas acudiron este domingo ao Multiúsos da Praza de Abastos para asistir á final do concurso de karaoke na que competiron seis nenos e dez adultos.
Dende temas clásicos ata os éxitos de máis rabiosa actualidade compuxeron o repertorio elixido.
O xurado estivo formado polo saxofonista Javier Santomé e os cantantes Kike Kasado, Sandra Bela e Mar García.
Os gañadores foron Elena García Iglesias, na categoría de adultos, que interpretou cancións como Natural Woman de Aretha Franklin, Proud Mary de Tina Turner e If ain't got you de Alicia Keys; e Lucía Vidal Porto, na infantil, que cantou 90 minutos de India Martínez e Someone Like You de Adele.
Os premios consistiron na categoría infantil nun vale de compra e un trofeo para os tres primeiros clasificados, mentres que o resto de participantes recibiron unha medalla conmemorativa. En canto á categoría de adultos o gañador levou 500 euros, mentres que o segundo e terceiro clasificado (Isabel Porto Maneiro e Tania Cabadas González respectivamente) recibiron 300 e 200 euros respectivamente e un trofeo.
Relacionadas:
-
O festival benéfico Marín Canta recollerá alimentos para catro entidades sociais
Por Redacción |
-
Unhas 75 persoas competirán polo título de mellor cantante de karaoke de Marín
Por Redacción |
-
Marín acenderá a súa iluminación de Nadal o próximo 5 de decembro
Por Redacción |
-
Gústache cantar no karaoke? Marín busca xente coma ti
Por Redacción |