Funcionarios do Concello de Pontevedra entregan unha "tonelada de solidaridade" á Rede Axuda
Por Oskar Viéitez
Toda unha tonelada de solidariedade. Funcionarios do Concello de Pontevedra lograron reunir mil quilos de alimentos que decidiron doar á Rede Axuda. ÿ o resultado da campaña emprendida hai uns días coa que, segundo explicaban querían repartir dalgunha forma "la suerte que tuvimos de que al final cobramos la paga extra".
Trátase da primeira vez que leva a cabo esta iniciativa, que parte das brigadas municipais do Concello de Pontevedra. Aseguran os funcionarios municipais que "somos uns privilexiados" e pretenden así colaborar ante unha situación de "urxencia nacional".
Todos os alimentos doados polos funcionarios foron comprados no comercio pontevedrés, o que para eles "es otra forma de colaborar en esta época de crisis".
Un dos organizadores desta iniciativa, Manuel Cancela, funcionario adscrito ao servizo de Xardines, explicou que "esta iniciativa xurdiu a partir da decisión do Goberno de non pagarnos a extra de Nadal, deunos qué pensar e quixemos ter un detalle coa xente que o esta a pasar peor que nos neste momento".
Os funcionarios instalaron catro puntos de recollida: na xefatura da Policía Local, no edificio do Concello en Michelena, 30 e nas brigadas e no parque de Bombeiros.
"O principio un compañeiro falou de aportar unha cantidade de diñeiro pero todos coincidimos que mellor eran alimentos, fundamentalmente de primeira necesidade e non perecederos, e para que a idea saíse redonda mercáronse todos no comercio local".
"Optamos porque sea a Redeaxuda a quen distribúa xa que eles coñecen mellor as necesidades que hai e a quen atender"
"Para ser a primeira vez a resposta foi moi boa", valoró este empleado público.
Relacionadas:
-
Entrega de alimentos á RedeAxuda: "A xente é máis solidaria coa crise"
Por Natalia Puga |
-
RedeAxuda amplíase, abre a porta a colectivos do ámbito da discapacidade e a dependencia
Por Redacción |
-
En RedeAxuda fan falta mans
Por Redacción |
-
Funcionarios municipais recolectan unha 'extra' de alimentos contra a crise
Por Natalia Puga |