Superheroes que dan voz ás persoas con discapacidade todo o ano
Por Mónica Patxot
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade celébrase cada 3 de decembro co "obxectivo de chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión de persoas con discapacidade na sociedade e no desenvolvemento". ÿ a finalidade que recoñece a resolución 47/3 da ONU de 1992, pero en Pontevedra hai unha serie de superheroes que conseguen que ese obxectivo non se persiga un só día no ano, senón ao longo de doce meses. Son as entidades integradas no programa municipal Hefesto, que este mércores se clausurou a edición 2014 no Teatro Principal.
Hefesto realizou nos últimos meses a súa segunda edición, que 'colonizou' o eido do deporte en Pontevedra, colándose na Pontenoite 5+5 da Concellería de Deportes e o Instituto Municipal de Deportes (IMD) e realizando a I Marcha sobre Rodas de Aspace.
Este mércores, con motivo da clausura, e coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Concellería de Benestar Social Municipal deu a coñecer que haberá unha terceira edición o próximo ano. Así, dende o departamento que dirixe Carme Fouces, indican que Hefesto 2014 caracterízase por dar voz ás persoas con discapacidade, aumentando a súa presenza na sociedade, e isto será un dos aspectos máis importantes para seguir abundando no Hefesto 2015.
O festival de clausura celebrouse no Teatro Principal co patio de butacas cheo e coa participación de todas as asociacións vinculadas a este programa: Amizade, Down-Pontevedra Xuntos, Juan XXIII, Alba Amencer Aspace, Aspace-Galicia e a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra.
Ao igual que na primeira edición do programa, este ano tamén se elaborou un audiovisual que se proxectou no Teatro. A versión final publicarase en Youtube o luns 8 de decembro, unha vez que se inclúan imaxes dos momentos máis importantes do festival.
Relacionadas:
-
Unha cidade accesible porque "as persoas con discapacidade non só paseamos"
Por Redacción |
-
A voz do Hefesto xa está nas ondas
Por Redacción |
-
As empresas pontevedresas súmanse á integración sociolaboral
Por Redacción |
-
3 de decembro, Día internacional da discapacidade; punto e seguido para o programa Hefesto
Por Redacción |
-
En bicicleta, patíns ou cadeira de rodas; Pontevedra respalda a I Marcha sobre rodas de ASPACE
Por Diego Torrado |
-
Atletas con discapacidade adestran ás ordes de Víctor Riobó para participar na PonteNoite 5+5
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Motoristas, breakdancers e músicos... con algunha discapacidade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |