Denuncian tres condutores que aparcaban irregularmente en zonas reservadas para discapacitados
Por Redacción
A colaboración cidadá permitiu á Policía Local de Pontevedra poder denunciar a tres novos condutores que facían un uso indebido da tarxeta que permite estacionar nas prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida. As tres denuncias puxéronse no mesmo día, o pasado 26 de novembro e dúas delas corresponden a mal uso de tarxetas expedidas nos concellos de Sanxenxo e Bueu.
Nestes dous casos, as persoas denunciadas estacionaran o seu vehículo no ámbito da rúa Eduardo Pondal. Nun deles, os veciños alertaron aos axentes municipais. Aseguraban que o home en cuestión estacionaba habitualmente na zona e non presentaba dificultade aparente algunha. Tras comprobar a documentación, descubriron que a tarxeta, expedida a nome dunha muller de Sanxenxo, estaba dada de baixa desde o ano 2012.
Residentes da mesma rúa, desta volta no cruzamento con Uxío Novoneyra, alertaron da presenza doutro condutor que non presentaba ningunha dificultade nin trasladaba a persoa algunha. A tarxeta estaba expedida a nome dunha muller de Bueu e, en colaboración coa Policía Local desa localidade, os axentes corroboraron que a titular da tarxeta se atopaba no seu domicilio, polo que o home estaba facendo uso abusivo da mesma.
A terceira denuncia foi na rúa Abundancia. Nela estaba estacionado un turismo sen a correspondente tarxeta e, como pasado un tempo, seguía alí foi retirado polo guindastre municipal. Nesta segunda ocasión, os axentes si observaron a tarxeta dentro do vehículo e o condutor alegou que trasladara á súa muller e se esquecera de colocar a tarxeta. Pero en realidade, o único que portaba era unha fotocopia, polo que foi requisada.
Relacionadas:
-
Denuncian o uso das prazas para discapacitados como aparcadoiros de carga e descarga
Por Redacción |
-
Denunciado por aparcar nunha praza reservada para discapacitados usando a copia dun cartón que atopou nun coche
Por Natalia Puga |
-
Denuncian un home que utilizaba a tarxeta da súa muller falecida para aparcar en prazas para discapacitados
Por Redacción |
-
Denunciada por estacionar repetidamente usando a tarxeta para persoas con mobilidade reducida do seu fillo
Por Redacción |