A cidade de Pontevedra dá a benvida ao Nadal este venres co acendido da iluminación
Por Mónica Patxot
O Concello de Pontevedra inaugura este venres, 5 de decembro, a tradicional iluminacion de Nadal, nun acto que se celebrará na praza da Ferraría como todos os anos. Será a partir das 18.30 horas.
Neste acto simbólico actuará Breogán Ensemble quinteto de ventos e percursión e o grupo Vilarachos.
Como todos os anos, na iluminación de nadal da cidade colaboran o Concello, Aempe e Zona Monumental, tratando de achegar o alumeado a todo o casco urbano.
Ademais da iluminación do centro histórico, outras rúas que estarán iluminadas serán: Paseo de Colón, Avenida de Vigo, os accesos ao casco urbán, Praza de España, Rúa da Seca, Glorieta de Loureiro Crespo, Rosalía de Castro, Michelena, Monte Porreiro, Benito Corbal, Rúa Santa Clara, os xardíns de Casto Sampedro, Ferrería, Praza de Ourense, Pasarela Doce de Novembro, Avenida de Lugo, Gutiérrez Mellado, Salgueiriños e Centro Cultural Leste, Centro Cultural de Monte Porreiro, Peregrina, Daniel de la Sota, García Camba, Cobián Roffignac, Cruz Gallastegui, Frai Juan de Navarrete, Virxe do Camiño, Sagasta, Joaquín Costa, Glorieta de Compostela, Riestra, Oliva, Andres Muruais, Eduardo Pondal e Praza de San José.
Tamén haberá árbores na Praza da Ferraría, Curros Enríquez e Eduardo Pondal.