Un Rías Baixas elexido coma o mellor viño por menos de dez euros
Por Oskar Viéitez
Estas son as deliberaciones a cegas do pasado sábado en Bagos.
Número 10: Tilenus Roble - Estay Prieto Picudo Por primeira vez na historia deste concurso, dous viños dispútanse o décimo posto con identidade exacta de puntuación. Non era xusto descartar a ningún deles, así que compartirán o galardón.
Número 9: Líbido by DSG. A historia vai de garnacha. A uva de moda este ano que nos encandilou a todos, incluído a nova fichaxe de Parker. En Navarra saben moito desta uva, á que nunca renunciaron, e cando tipos coma David Sampedro, capaz de interpretar a Rioxa máis fresca, fanse con viñas vellas de montaña, o resultado só pode ser óptimo. Líbido 2010 é un viño complexo, especiado, sutil e suxerente, moi terso en boca e nada empalagoso. Unha garnacha moi francesa. Si en Nadal son de cordeiro, este é o seu viño.
Número 8: The Flower and The Bee Branco. Non podía faltar a nova cara de Ribeiro, comprometida co autóctono e co traballo de viña, pero cunha imaxe moderna. Atrás quedaron os terribles viños de cunca a base de tristes palominos. En The Flower and The Bee 2011 de Coto de Gomariz, nótase a man de Xosé Lois Sebio que precisamente consiste en deixar expresarse á viña, resultado: treixadura e elegancia. Un viño aromático pero sen excesos, carnoso e con sensacións graxas, froito dunha añada cálida, pero con acidez, fuste e frescura dabondo para facer un viño equilibrado, directo, sabroso e accesible para todos. Póñano na mesa dos aperitivos e xa verán como non chega nin á segunda tosta de salmón. Sobre todo si uno anda cerca.
Número 7: Lagar de Costa. O único viño que repite do ano pasado e, ademais, escala un posto. Toda unha lección de bo criterio, serenidade e de que facer cunha boa leira de albariño sen estridencias. Lagar de Costa 2011 é o equilibrio dun branco fresco pero amable que dificilmente disgustará a ninguén. Perfecto si na súa mesa navideña teñen cabida os bivalvos. Si non, tamén.
Número 6: Borsao Selección Joven. Outra vez garnacha, aínda que esta vez de Campo de Borja, e cun viño que, por certo, re-aparece trala súa incursión no primeiro ranking. Si antes falabamos da garnacha sutil e afrancesada, aquí temos a máis frutal e rompedora de estilo australiano. Borsao Selección Joven 2011 ofrece mouras e demais baias que poidan imaxinar, con ese punto varietal, de bizcoito bébedo pero sen empalagar. De grolo longo. Irá de medo co capón, pero tampouco teman reservar o último grolo para as sobremesas. Mollen nel unha marquesa, e logo cóntanme.
Número 5: Pago de Valdoneje. Volvemos ao Bierzo da man de Bodegas Valtuille cuxo viño, 100% mencía ,Pago de Valdoneje fixo levantar a vista á maior parte dos catadores. "Terroir", "mineralidade" e un "punto salvaxe", foron algúns dos comentarios que resumiron sobre todo a súa espectacular boca. Pouco máis que engadir, salvo que si na súa mesa a caza fai acto de presenza en calquera modalidade, este é o seu viño.
Número 4: Leira A Pedreira. A revelación da xornada, un pequeñísimo proxecto, froito da tradición elaboradora dunha familia. Apenas unas poucas botellas para cubrir o mercado local, unha deliciosa leira de albariño vello e uns novos herdeiros cunha dirección clara, a dos viños de terroir que o seu amigo e mentor, Rodrigo Méndez, leva a cabo. O seu nome, Leira a Pedreira 2011, e o seu sino - excepcionalmente definido a cegas por Xoán Cannas nas súas follas de cata- "a perfección da imperfección". Vibrante, sabroso, eléctrico. Albariño sen panos quentes. Fagan a proba de maridar este viño cun cochinillo ao forno.
Número 3: El Carro de Viñedos Culturales Sen dúbida a sorpresa e o deleite dos amantes do natural, o irreverente, o gamberro que demostra a independencia deste Ranking, por ser o contrario ao homoxéneo, sen necesidade de exuberancias. Un viño que amosa a filosofía do seu autor, Rafa Bernabé e os seus Viñedos Culturais que, en resumo, reza un canto á terra e á viña: "Dáme e devolvereiche". Dubido que nunca un moscatel de alexandría faga tan evidente o terroir como leste El Carro 2011. Desde a sequedade e a frescura que aporta a súa sensacional acidez, mostra a salinidade e o descaro do mediterráneo. Seco, voluminoso, groso e interminable en boca. Si este é o viño da súa cea, non teña problema en servilo desde o canapé ata a última peladilla. Unha pasada.
Número 2: Algueira Tinto Joven Volve a mencía, esta vez desde a cara leda, directa e sen corsé que só pode ofrecer a Ribeira Sacra. Co oficio dun dos productores de máis calidade de grandes tintos de garda na zona, e de todo o país; antes ou despois o viño novo tiña que deixar de ser unha asignatura pendente. Algueira faio como todo, pola porta grande, coándose como segundo na cata con Algueira Joven 2011 un poema varietal de froita que non deixou indiferente a ninguén na cata. Sírvao cos aperitivos e verá como o gran reserva que tiña preparado quédase sen abrir.
Número 1: Albamar O gañador da Edición 2012, unha lección para todos os productores de grandes brancos deste país, froito dunha leira de ensoño onde o río Umia faise mar, e do traballo dun tipo excepcional, Xurxo Alba, que aúna mocidade, traballo, porosidade, inquietude e constancia suficientes como para acabar sendo un gran viñerón que nos enorgullecemos de presentar. Os seus viños, en constante crecemento, son un resumo de todo iso e Albamar 2011 é a culminación que ratifica a seriedade do proxecto. O azar quixo que este ano non fixese maloláctica e ensinásenos con precisión o máis auténtico que o albariño sen subterfugios pode dar de si. Un branco fiel á súa zona, aromático sen excesos, cruxiente e colorido, saboroso con peso de froita, mineral, con gran músculo e, sobre todo, de grolo longo. Delicioso pese a que aínda non deu o mellor de si.
O 15 de decembro no Restaurante Room os ganadores darán a coñecer estes viños in situ, mesa por mesa e para todo o público que poderá intercambiar impresións con bodegueros, catadores e organización do Ranking.