Os Bombeiros de Pontevedra están plenamente capacitados para actuar na auga
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra remataron este xoves as clases teóricas e prácticas de condución de vehículos acuáticos de salvamento e de emerxencia.
O propósito destes exercicios é reducir o tempo de resposta e estar plenamente capacitados para actuar na auga.
O curso permitiu que todo o plantel do parque pontevedrés conte coa habilitación específica para o manexo destes equipos, embarcacións incluídas.
Os Bombeiros de Pontevedra dispoñen que equipos individuais, unha moto acuática, unha embarcación zodiac e taboleiros de rescate.