A Garda Civil detén cinco mozos por roubos en vivendas de Sanxenxo e imputa outros tres por receptación
Por Redacción
A Garda Civil detivo a CM.A.A., de 20 anos de idade, a B.P.G., de 18, a S.M., de 23, a D.P.B., de 24 e a un menor de idade, todos eles veciños de Sanxenxo, como supostos autores de, polo menos, 17 delitos de roubo con forza en interior de vivendas situadas en distintas parroquias do municipio, cometidos nos últimos meses.
Estas detencións son froito da investigacións que, compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo, viñan realizando e que ademais permitiron a recuperación de parte dos efectos subtraídos así como a imputación por receptación de N.C.F., de 20 anos de idade, de D.P.B., de 24 e de JJ.R.B., de 31, os tres, tamén, veciños de Sanxenxo e aos que se lles interveu no seu poder efectos procedentes dos referidos feitos delituosos.
Os detidos quedaron en liberdade coa obriga de presentarse ante os Xulgados de Instrución dos de Cambados, xunto cos imputados, cando para iso sexan requiridos, mentres que o menor o fará ante a Fiscalía de Menores de Pontevedra.