O turismo da provincia aposta pola Internet
Por Oskar Viéitez
Hoxe o perfil do turista é distinto do tradicional. Co uso masivo da Internet, smart phones, tablets, etc, o mercado baséase nos portais de turismo públicos, coa súa información estática, pero tamén en portais privados de hoteis ou voos, nas redes sociais, e demáis.
Sen embargo moitas Pemes non teñen capacidade para asimilar o cambio e isto diminúe a súa competividade.
Neste punto é onde quere incidir o convenio que a Deputación de Pontevedra asinou hoxe coa Escola de Organización Industrial (EOI) do Ministerio de Industria para desenvolver o proxecto «Smart Destinations Pontevedra: Modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio».
O número de empresas da provincia ligadas ao sector turístico ascenden a un total de 27.027, o que representa un 38 por cento do total de empresas da provincia e un 12 por cento do seu Produto Interior Bruto (PIB).
Este sector ocupa a máis de 40.000 persoas, factura 1.800 millóns de euros, e concentra o 43% das prazas de aloxamento de todo Galicia nos seus 1.115 establecementos regrados que ofrecen máis de 50.000 prazas.
Pontevedra recibe preto da metade dos visitantes que se achegan a Galicia. ÿ o septimo destino turístico nacional e o quinto por número de pernoctacións. Pero se quere manter este dinamismo deberá asumir inversións, unha conclusión a que chegaron trescentos empresarios do sector que acudiron ao Pazo Provincial onde coñeceron polo miudo unha serie de iniciativas de I+D+i en pequenas e medianas empresas para mellorar a súa competitividade.
O orzamento do proxecto é de 2,5 millóns de euros e estará operativo en xuño
Segundo explicou o presidente provincial, Rafael Louzán, "ten como obxectivo canalizar a oferta e a demanda de servizos, cunha oferta personalizada de forma intelixente en función do visitante, e a implantación dun proxecto de colaboración entre empresas e institucións do sector turístico onde se favoreza a interrelación de todos os axentes, a creación dunha plataforma integrada intelixente de servizos turísticos e a implantación de ferramentas de comunicación que xestionen a información de forma áxil".
O orzamento do proxecto é de 2,5 millóns de euros: 500.000 aportados pola Deputación e o resto pola EOI con cargo ó Programa RISC, que conta con financiación do Fondo Europeo de Desarrollo Rexional e do Ministerio de Industria.