Marín intentará atender a todas as solicitudes de asfaltado pendentes
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, realizou este xoves unha visita ás obras de asfaltado que na zona do Castro. As obras realízanse en colaboración coa Deputación que está a asumir a reparación de viais moi transitados, estratéxicos, que se encontraban en moi mal estado.
O Concello leva feitas varias actuacións en diferentes lugares do municipio que foran solicitadas previamente polos veciños, entre elas encóntranse o arranxo da Barriada de Beneficiencia en San Pedro, o vial que une Cruceiro do Vento en Mogor ata a Moreira, o vial que une Baguin e o vial provincial do Castro ou o camiño coñecido como del Escorial, entre outras.
María Ramallo destacou que a maquinaria provincial permite acometer obras en zonas que "verdadeiramente estaban esquecidas, que soamente se puideran bachear e desbrozar nalgúns dos seus tramos peores, pero que agora presentarán un mellor aspecto", nunha zona do plan que está cualificada como chan urbano con importantes núcleos de vivendas unifamiliares.
A alcaldesa recoñeceu que aínda están pendentes da súa aprobación algunhas peticións que "intentaremos que poidan ser levadas a termo".
CAMPO DE SAN TOMÿ
A alcaldesa tamén visitou as obras que a empresa Italgreen está a realizar no campo de San Tomé, para instalar a herba sintética. A melloría do tempo posibilitou que as obras poidan realizarse con maiores garantías e o pegado dos tepes de herba así como o posterior traballo de caucho e area poderá realizarse cunhas mellores condicións e a bo ritmo. Nos próximos días debería quedar practicamente finalizada a súa colocación.
Ademais xa están rematadas as torres de iluminación e o peche do campo.