Ciencias Sociais, 20 anos non é nada
Por Redacción
No outono de 1994, o antigo Fogar Provincial de Pontevedra acollía ás primeiras clases da licenciatura en Publicidade e Relacións Públicas, nos que eran os primeiros pasos dunha facultade, a de Ciencias Sociais e da Comunicación, que este xoves celebra os seus 20 anos de historia efectuando un recoñecemento "aos catro piares que sosteñen este centro", como apuntou a súa decana, Emma Torres.
Os preto de 3.000 alumnos que a longo de dúas décadas deixaron no centro "gratos recordos e grandes ideas", o profesorado, o persoal de administración e servizos e aquelas empresas e institucións que acolleron aos profesionais formados no centro foron os protagonistas do acto institucional co que a facultade botou este mediodía a vista cara o pasado.
Nun acto sen conferencias maxistrais nin mesas presidenciais e que pretendía "facer ver ao público un pouco como facemos as cousas nun centro marcado pola creatividade", Ciencias Sociais e da Comunicación quixo poñer en valor o labor realizado "por toda a xente que colaborou para a que a facultade estea no punto que está logo de 20 anos", salientou Torres.
Non en van, esta facultade convertíase hai unhas semanas "na primeira de Galicia en acreditar as súas titulacións, que é a segunda da Universidade que máis alumnos Erasmus recibe e que nestes tempos complexos mantén a súa demanda, xa que logrou pechar a matrícula de todas as súas titulacións", como salientou Torres nunha xornada dedicada a facer balance da historia dun centro co que milleiros de persoas manteñen "unha vinculación para sempre, xa que unha vez pasas por aquí, non o esqueces".
Relacionadas:
-
Entre concelleira ou decana, Emma Torres elixe o primeiro
Por Redacción |
-
Tres investigacións do campus, primeiras galardoadas cos Premios Ernestina Otero
Por Redacción |
-
Como atraer ao turismo de incentivos 'yanqui'
Por Redacción |
-
Paolo Vasile: "Internet no ha matado la TV. Ha alargado su vida. Le ha dado muchas más posibilidades"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Quixeron cambiar a sociedade cun xiz na man"
Por Redacción |