Guillermo Meijon pide a creación de novas unidades de seguridade e atención na Comisaría de Pontevedra
Por Redacción
O deputado socialista por Pontevedra Guillermo Meijón pediu no Congreso, a través dunha batería de inciativas parlamentarias, que o Goberno cree na Comisaría de Pontevedra unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) e unha Unidade de Servizo de Atención ás Familias (SAF).
A UPR é unha unidade multidisciplinar de seguridade cidadá, que entre outras funcións realiza tarefas de orde pública menores como partidos de fútbol ou pequenas concentracións, serve de apoio ou primeiro chanzo antes da chegada de unidades de Intervención Policial (UIP), realiza tarefas de seguridade cidadá reforzando dispositivos de prevención da delincuencia, e realiza dispositivos propios de protección da cidadanía e apoio a investigacións de grupos de xudicial.
Pola súa banda, as SAF atenden todas aquelas problemáticas relacionadas coa violencia de xénero e doméstica e delitos contra a liberdade sexual e investigacións destes, así como os casos relacionados con menores xa sexa como vítimas ou como infractores, a súa protección e reforma, quebrantamento de custodios, desapariciones...etc.
Meijón sinala que "os recortes do Goberno Rajoy, as taxas de reposición aplicadas, e os recortes en efectivos, provocan que a creación destas unidades sexa aínda máis necesaria en Pontevedra e a súa área de influencia, unha das zonas de Galicia que conta con dous importantes portos como os de Marín e Vilagarcía e que rexistra ademais un incremento poboacional".