Podemos Pontevedra busca o seu Pablo Iglesias
Por Redacción
O Círculo Podemos Pontevedra, convoca una asamblea extraordinaria para a validación de candidaturas para o Consello Cidadán municipal e á Secretaría Xeral de Pontevedra.
Recibir o aval do Círculo é condición indispensable para ser aceptados neste proceso constituinte. A votación para recibir o aval poderase facer tanto de forma individual como nunha lista de candidatos.
As candidaturas á Secretaría Xeral deben presentarse cun proxecto elaborado nun documento político-organizativo para o municipio, producíndose de xeito automático o aval por parte do Círculo.
Poderase establecer unha votación sobre as causas para non avalar, no caso de que se formulen algún dos casos recollidos no regulamento, é dicir incumprir o Código ético de Podemos, que non se garanta que polo menos o 10% de todos os membros da lista participaran nalgún Círculo municipal, e o terceiro requisito e que o documento político organizativo presentado contradiga expresamente o aprobado na Asemblea Cidadá "Sí se Puede".