O sábado 29, nova data para tentar a instalación dos lombos na rúa Alameda
Por Redacción
O Concello de Pontevedra espera que este sábado, 29 de novembro, por fin se poidan realizar as obras de colocación dos lombos nos pasos de peóns na rúa Alameda. Por este motivo, a rúa quedará pechada ao tráfico durante toda a xornada.
A partir das 8.00 horas impedirase o acceso dende a rotonda de Paseo de Colón ata a rúa Echegaray. Invértese a rúa General Martitegui para dar servizo á rúa Echegaray, previamente nese vial vai instalarse un sinal de prohibido estacionar co fin de que se inverta o sentido de estacionamento.
Recoméndase a saída da cidade cara a Poio a través da Ponte das Correntes con Domingo Fontán. A entrada, para residentes e servizos na rúa Echegaray, farase a través de Jofre de Tenorio, Xeneral Martitegui, Alameda e Echegaray.
O goberno local espera que nesta ocasión, as condicións meteorolóxicas permitan que se realicen estas obras, despois de que se tivesen que anular os traballos en varias ocasións.