Dúas persoas resultan feridas ao envorcar dous turismos en Sanxenxo
Por Redacción
Dúas persoas resultaron feridas durante a noite deste martes 25 ao mércores no municipio de Sanxenxo ao sufrir dous accidentes.
En ambos os dous casos, os vehículos derraparon e envorcaron causando aos condutores feridas de diversa consideración. Ata o lugar tiveron que acudir os servizos de Emerxencias do Concello de Sanxenxo.
As dúas persoas feridas tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario por ambulancias do 061, segundo informa o Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.