A choiva e a gastronomía, protagonistas de Ferpalia 2012
Por Diego Espiño
Unha vez superadas as dúbidas sobre a celebración de Ferpalia, a feira turística organizada pola Cámara de Comercio de Pontevedra chega á semana da súa celebración, terá lugar de venres 14 a domingo 16 de decembro, intentando reinventarse tras perder a bolsa de contratación Bolcotur.
Nesta vixésima edición, que abandona o Recinto Feiral para asentarse no centro da cidade, na Alameda concretamente, a organización quixo enfocar o evento cara tres puntos como o turismo, a gastronomía e o viño, como recoñece Juan García, responsable da empresa El Rincón de los Sentidos, "pretendemos revalorizar o turismo enogastronómico". Para iso, a feira contará cun espazo gastronómico aberto ao público a prezos populares, "será unha zona de degustación de cociña de culler".
Ferpalia tamén centrará a súa temática na choiva, organizando un flashmob na Praza da Peregrina o sábado ás 17:00 horas co líquido elemento como protagonista. Para Antonio Gómez Rivera, presidente da Cámara de Comercio, trátase de vender a auga como elemento turístico diferenciador de Galicia, "intentaremos hacer ver que bajo la lluvia y el clima típico de Galicia se puede pasar un buen momento de ocio".
O Principado de Asturias participará tamén na feira como comunidade autónoma invitada.
Relacionadas:
-
Compensarán aos participantes en Ferpalia pola mal fin de semana
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Flashmob baixo a choiva
Por Oskar Viéitez |
-
A Alameda será o "corazón" de Ferpalia 2012, que terá como invitada a Asturias
Por Redacción |
-
Ferpalia 2012 sacará proveito ao potencial turístico dos días de choiva en Galicia
Por Redacción |