Os cativos de Cotobade participarán do Obradoiro de Astronomía
Por Redacción
Os nenos de Cotobade poderán participar no Obradoiro de Astronomía que se vai desenvolver o sábado 29 de novembro na Biblioteca Pública de Mullereiro nunha colaboración entre a Asociación Astronómica Sirio e o Concello de Cotobade.
A proposta busca que os mozos asimilen ideas intuitivas das enormes distancias do universo, as proporcións de tamaños dos planetas, da relación coas estrelas e das distancias entre as galaxias e as estrelas.
Tamén se poñerán en marcha outras actividades como ximnasia de mantemento en Carballedo para a que non se establecen requisitos de acceso nin cotas. Todas as persoas que queiran participar para mellorar o seu estado física terán unha cita os luns e os mércores a partir das 20.00 horas no pavillón de Carballedo. A actividade iníciase o 1 de decembro e as prazas son limitadas.
Por outra parte, dende o Concello realízase unha convocatoria para todas as persoas que non están en posesión do título de Graduado en ESO. Unha vez que se forme o grupo, estableceranse unhas clases de apoio para a presentación das probas libres de obtención do título.