A planificación estratéxica do Grupo Ence deséñase en Pontevedra
Por Redacción
Dende este mércores e ata o próximo venres día 21, un total de 55 directivos de Ence de toda España reúnense no Parador de Pontevedra para definir a estratexia e os obxectivos da empresa para o ano 2015.
Trátase da primeira vez que se celebran en Pontevedra estas Xornadas de Lanzamento de Obxectivos. E, segundo a empresa, xerarán preto dun cento de estadías hoteleiras na cidade, así como gastos en establecementos de hostalaría e restauración, traslados ao aeroporto de Vigo e demáis.
Os avances nos plans de recuperación da competitividade da empresa tras o impacto que lle xerou a reforma eléctrica, e os próximos pasos en mellora da xestión ambiental dos Centros de Operacións de Ence están entre os puntos máis destacados a tratar nas xornadas.