Comezan a chegar aportacións á RedeAxuda con motivo da campaña do Nadal
Por Redacción
O Concello de Pontevedra sinala que comezaron a chegar as primeiras colaboracións dentro da campaña de Nadal de RedeAxuda. Por este motivo, a concelleira de Benestar Social solicita a todas as persoas que teñan intención de realizar algunha recollida de alimentos ou de xoguetes que se poñan en contacto coa RedeAxuda, na Casa Azul. Alí ofreceranlles instrucións de como se pode colaborar.
Na páxina web da RedeAxuda están actualizadas as necesidades de cada asociación para consultar e aconsellar as persoas que queren colaborar no tipo de alimentos que se precisan. Un dos produtos que máis se demanda ao longo deste ano son cartóns de leite.
A RedeAxuda canaliza as achegas que os cidadáns realizan durante todo o ano e, para realizar axudas, dende a concellaría recoméndase que se consulten previamente as principais necesidades.
Relacionadas:
-
RedeAxuda crece e fai balance das súas últimas actividades
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Impulsan na cidade de Pontevedra un "ambicioso" programa municipal de voluntariado
Por Alejandro Espiño |
-
A solidariedade pontevedresa organízase para ser máis eficaz
Por Oskar Viéitez |
-
Redeaxuda porá en marcha un programa de voluntariado
Por Oskar Viéitez |
-
Case 500 pontevedreses alimentáronse no Nadal grazas o 'moedeiro solidario' da Rede Axuda
Por Redacción |