Pontevedra acolle o xoves un seminario sobre sistemas de contención de vehículos e seguridade viaria
Por Redacción
O Salón de Actos do Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro xoves, día 13 un Seminario sobre Sistemas de Contención de Vehículos organizado pola FEMP e a Asociación Española de Fabricantes de Sistemas Metálicos de Protección Viaria (SIMEPROVI) en colaboración coas deputacións de Badajoz, Valencia e Pontevedra.
O seminario, que vai dirixido a técnicos e responsables de entidades locais no ámbeto das infraestruturas, a seguridade viaria, a mobilidade e o transporte, será impartido por Sergio Corredor Peña, director de SIMEPROVI e enxeñeiro de Portos, Camiños e Canais.
No curso, que se impartirá dende as 9,30 ata as 23,30 horas, abordaránse aspectos da accidentalidade por saída de calzada (datos, tipos de accidente, elementos de risco, tipoloxía dos sistemas de contención), dos parámetros de comportamento, de criterios de implantación de barreiras de seguridade (regulamentación, análise de riscos, barreiras axeitadas para cada situación, alturas, correcta instalación, problemas particulares das redes provinciais e locais), e exemplos prácticos.