Aberto o prazo de inscripción nas actividades do CIM
Por Redacción
A Concellaría de Igualdade a través do Centro de Información á Muller (CIM) retoma as súas actividades no último trimestre do ano. Oferta 11 cursos con 212 prazas, dirixidos a mulleres empadronadas en Pontevedra, aínda que está incluído un curso de cociña mixto con 10 prazas para mulleres e 10 para homes.
Estes cursos están enmarcados en cada unha das áreas do II Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra.
- Na área de conciliación e corresponsabilidade: cociña 20 prazas (mixto).
- Na área de empoderamento e participación social (20 prazas por curso). Haberá un curso de teatro no que se traballará e potenciará a autoestima, de electricidade, de fontanería, de cultivo en terrazas.
- Na área de formación (18 prazas por curso) un curso de iniciación á informática, de perfeccionamento de informática, de picasa (xestión de fotografía).
- Na área de mercado laboral haberá un curso de búsqueda de emprego PC para mulleres (18 prazas).
- Na área de saúde biopsicosocial prográmanse dous cursos de ioga (iniciación e perfeccionamento): 20 pazas para cada un deles.
Xa está aberto o prazo de inscrición nestes cursos. As prazas adxudicaránse tendo en conta os criterios de selección (tanto xeráis coma específicos) que rexen os cursos e demáis actividades que convoca o Centro de Información á Muller e que están a disposición do público no propio CIM, na pranta baixa do Chalé de Fontoira.