Un 'show cooking' italiano con moito sabor galego
Por Redacción
Francesco Iannelli, xerente do restaurante pontevedrés Il Piccolo, recibiu esta fin de semana a visita de 18 alumnos de hostalaría da escola Francesco Paolo de Cascino de Palermo, que permancerán durante un mes en Galicia perfeccionando os seus coñecementos da lingua española.
Todos eles presenciaron con interese o 'show cooking' do cociñeiro e o seu equipo celebrado na Casa Azul, onde chegaron acompañados por docentes da Universidade de Santiago de Compostela.
Alí Iannneli explicou o seu concepto de cociña tradicional italiana usando para os seus pratos produtos galegos.
Esta exhibición organizouse en colaboración do Goberno Italiano, que a través do galardón Ospitalitá distinguiu hai algo máis dun ano a Il Piccolo como un dos cinco mellores restaurantes italianos do mundo no exterior de Italia.