A débeda da Deputación de Pontevedra situarase nun 38% ao rematar este ano 2014
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A Xunta Directiva provincial do Partido Popular en Pontevedra analizou con "satisfacción" os presupostos xerais do Estado, os da Xunta de Galicia e os da Deputación para o próximo ano 2015. Neste encontro celebrado na sede provincial do PP en Pontevedra e no que participou a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, anunciouse que a débeda da Deputación de Pontevedra se situará nun 38% ao rematar o presente ano.
Durante esta Xunta Directiva o presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, Rafael Louzán, anunciou que os presupostos desta institución "serán máis favorables do esperado" debido a que o Ministerio de Facenda permitiu aprazar a 20 anos o pagamento dunhas cotas correspondentes á liquidación do exercicio 2008-2009.
"Iso vainos permitir unha holgura", dixo Louzán, polo que probablemente as contas da Deputación estarán "uns dous millóns de euros por enriba" do que tiñan inicialmente contemplado, que era 145 millóns de euros.
"Estamos na senda que reducir a cero a débeda da Deputación", afirmou Louzán
A administración provincial, ao igual que a maioría dos concellos da provincia, tivo naquel exercicio 2008-2009 uns datos económicos negativos. Segundo confirmou Louzán todas as adminsitraciones locais "se beneficiarán desta medida".
Ao rematar este ano 2014 a débeda da Deputación de Pontevedra situarase nun 38% dos ingresos correntes e a previsión que manexa Rafael Louzán é que a finais de 2015 está nun 28%. "Ese é o camiño que nos marcaramos e estámolo a cumprir practicamente rigorosamente", comentou Louzán tras valorar que este presuposto destina 14 millóns de euros para amortización de débeda.
O mandatario provincial rematou dicindo que "estamos na senda que reducir a cero a débeda da Deputación".
Relacionadas:
-
A Deputación foi a administración local española "que máis diñeiro adicou a plans de emprego"
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación entrega os presupostos de 2015 á oposición para o seu estudo
Por Redacción |
-
Os socialistas critican que Louzán informe antes ó PP sobre os orzamentos que aos grupos da Deputación
Por Redacción |
-
O novo edificio xudicial, único gran proxecto para Pontevedra nos orzamentos da Xunta para 2015
Por Redacción |
-
Os orzamentos da Deputación para 2015 sufrirán unha "baixada leve" e situaranse nos 145 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Os Presupostos Xerais do Estado inclúen 25 millóns para a autovía A-57 en 2015
Por Diego Espiño |