Alfombran a Alameda con herba sintética
Por Oskar Viéitez
Fartos de que polos xardíns de Diputación parecese que rematara de pasar Atila, os responsables deste "desflorido" pensil rendéronse aos dubidosos encantos do céspede sintético.
De modo que estes días operarios da empresa O Piñeiro trouxeron do seu viveiro este produto máis propio dunha ferretería, e procederon á súa colocación no lateral do Pazo provincial.
Os expertos explícannos que baixo a sombra do magnolio non crecía nin unha brizna de herba polo que, decididos a tapizar de verde este espazo tan acolledor, deron a orde oportuna para corrixir á natureza.