Concello e comerciantes de Ponte Caldelas reparten máis de 100 quilos de castañas asadas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas e a asociación de empresarios e comerciantes Coempo repartiron máis dun centenar de quilos de castañas asadas entre os viandantes que se achegaron á vila para facer as súas compras.
Esta iniciativa, que tivo unha boa acollida por comerciantes e público en xeral, pretende dinamizar o comercio local repartindo gratuitamente un produto típico desta tempada.
Esta iniciativa, que se pon en marcha por vez primeira este ano, enmárcase dentro das accións de colaboración entre o Concello de Ponte Caldelas e a asociación de empresarios e comerciantes Coempo promovendo este municipio como un lugar atractivo para poder pasear e realizar as súas compras.