A espera nos hospitais de Pontevedra e O Salnés segue a ser a máis baixa de Galicia a pesar do incremento de actividade
Por Redacción
Os Hospitais de Pontevedra e o Salnés logran acadar, durante os nove primeiros meses do presente ano, un importante incremento da súa actividade asistencial, cos tempos de espera máis reducidos de todo o sistema sanitario público galego.
Dende o Servizo Galego de Saúde presúmese dos datos: a demora media na área integrada situase en 36,5 días para unha intervención cirúrxica e en 26,9 días para unha primeira consulta.
Estes hospitais rexistraron máis intervencións cirúrxicas, máis consultas, máis probas diagnósticas e máis urxencias atendidas que no mesmo período do ano anterior. A actividade tamén incrementouse nos meses do verán, cunha porcentaxe de camas libres superior á de 2013.
No Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra rexistrouse un importante incremento na actividade cirúrxica, de consultas e de probas diagnósticas.
A posta en marcha do Hospital de Día pediátrico, a sinalización mediante pictogramas do hospital Provincial e o remate das obras do novo centro de saúde de Carballedo, entre os feitos máis destacados deste trimestre.
Relacionadas:
-
Nos hospitais de Pontevedra e O Salnés agárdase por unha operación 29,8 días, a demora máis baixa de Galicia
Por Redacción |
-
Sanidade adxudica á empresa Dragados as obras de ampliación do Hospital do Salnés
Por Redacción |
-
Mourente reclama ante a Xustiza o terreo de Montecelo
Por Oskar Viéitez |
-
A espera media para unha operación cirúrxica sitúase en 31 días nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Denegan a licenza para habilitar un aparcamento nun dos laterais do Hospital Provincial
Por Redacción |