Entregan un documento ao Concello de Poio que reforza a teoría da orixe galega de Colón
Por Redacción
A teoría da orixe galega de Cristobal Colón conta dende este venres cun novo documento que reforza a súa tese.
Trátase do documento de venda do terreo da Puntada, no lugar de Portosanto, unha zona na que se encontraba "uno de los principales puertos de comercio y pesca del atlántico", apuntou o presidente da Asociación Colón Galego, Eduardo Esteban.
Faro de Vigo fixo entrega deste, que se encontraba no seu poder tras extravialo en 1945, ao Concello de Poio, para que ademais do seu estudo poida formar parte do Museo Colón.
Segundo apuntaron no acto o terreo, que se encontraba a "sólo 186 metros de la casa de Colón", foi vendido en 1796 polo Duque de Veragua, suposto descendente do descubridor.