Lores reproba o rexeitamento do consello de administración do Porto de Marín á construción do porto seco
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, lamentou o posicionamento reflectido polos membros do consello de administración do Porto de Marín ao non considerar necesario votar a proposta que levaba o Concello de Pontevedra sobre o estudo para a creación dun porto seco en Leborei na parroquia de Cerponzóns que ofreza unha alternativa en caso de que finalmente se levanten os recheos e as empresas véxanse obrigadas, a raíz da sentenza xudicial do Tribunal Supremo, a desprazarse a outro espazo.
"A conclusión máis importante é que o Partido Popular non quere asumir as súas responsabilidades de que o Porto estea en perigo por aprobar actuacións que foron con advertencia por parte do Concello de Pontevedra e tampouco quere apoiar propostas de solucións", indicou Fernández Lores.
O alcalde sinalou que interviñeron todos no debate"prietas as filas porque a maioría son membros do Partido Popular", pero después aplicaron a "técnica do avestruz impedindo a votación. Están tentando tapar as súas responsabilidades. Con esta non asunción das súas responsabilidades e non facer caso ás propostas que o Concello de Pontevedra poñen en perigo a viabilidade do porto". Fernández Lores sinalaba que os argumentos que lle expoñían no consello para opoñerse a iniciar un procedemento para poñer en marcha un porto seco era que "a sentenza é inxusta".
Dende as filas populares, Ricardo Argenti, que conta con representación no Consello de Administración, manifiestou que o alcalde non está á altura do posto que ocupa ao abandonar de "malos modos" a reunión, levantándose da sesión cando se debatía o futuro de 400 postos de traballo.
Pola súa banda, o socialista Antón Louro lamenta que o BNG e o PP prefiran culparse mutuamente antes que traballar para solucionar o problema.
LOUZÁN OFRECE BARRO-MEIS COMO SOLUCIÿN
A este respecto tamén se pronunciou este venres o presidente da Deputación, Rafael Louzán. Comparte a opinión maioritaria dos vogais do porto. Non fai falta habilitar novo chan industrial para acoller empresas vinculadas coas instalacións portuarias, cando hai espazo dispoñible "nun radio de dez minutos" e que se ofertan nunhas condicións que cualificou como "ventaxosas" para os empresarios.
Sinalou que a institución provincial ten "total disponibilidade" para colaborar coas empresas que queiran instalarse no ámbito de influencia do Porto de Marín, para as cales, insistiu, Barro-Meis, sería "perfecto" para elas. E é que Louzán cualifica este polígono como "o mellor do sur de Galicia, sen dúbida" e o que, actualmente, se ofrecen uns prezos alcanzables. "ÿ unha magnífica opotunidade", sinalou.
Barro-Meis, dixo, está en condicións de ofrecer ás empresas vinculadas ao porto unhas condicións "únicas". Por iso, en referencia á proposta realizada por Miguel Anxo Fernández Lores no Consello de Administración da Autoridade Portuaria, afirmou que "non parece de recibo que se constrúa máis só industrial cando hai tantadisponibilidade de terreos tan preto".
Pola súa banda, o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, manifestou que si lle parece ben que as empresas poidan instalarse no polígono de Barro-Meis pero entende que non se trata dun porto seco porque carece da posibilidade de comunicarse a través da vía ferroviaria: "é conveniente que sexa un porto que teña tren e Barro-Meis non cumpre con esas condicións".
Relacionadas:
-
A Autoridade Portuaria desestima a proposta de Fernández Lores sobre a necesidade dun porto seco
Por Oskar Viéitez |
-
O Porto de Marín estuda a oferta de chan empresarial no Parque da Reigosa
Por Redacción |
-
Lores forza un debate no Consello da Autoridade Portuaria para implantar o porto seco
Por Natalia Puga |