Posta a punto nos cemiterios municipais de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas puxo en marcha un operativo especial nos cemiterios municipais con motivo do Día de Defuntos e de Todos os Santos.
Operarios municipais procederon á limpeza de arquetas e sistemas de drenaxe nos camposantos de Ponte Caldelas e A Insua, en previsión de que o mal tempo poida provocar charcos nas entradas ou vías principais dos cemiterios.
Tamén se reforzou a presenza de colectores e papeleiras, ademais de acondicionar as zonas axardinadas.
Por outra parte reprogramouse a iluminación destes cemiterios para que ofrezan máis horas de luz durante estes días.
Como complemento acaban de concluír os traballos de asfaltado no camiño posterior do cemiterio de Cuñas que conecta co barrio do Lombo, que se suman á reparación nos últimos meses do firme do vial de acceso á igrexa de Santa Baia, unha obra incluída no plan anual de mantemento de estradas.