O jazz é cousas de nenos... no Crespo Rivas
Por Oskar Viéitez
Improvisación, creatividade, ritmo. Os nenos soan a jazz ou o jazz é cousa de nenos. Así o entenderon os profesores da Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas.
Deste modo, da man do Seminario de Jazz Permanente de Pontevedra organizaron para este curso un proxecto educativo que integra esta arte musical, con distintos elementos como a aprendizaxe de idiomas.
As profes estimularon a creatividade dos pequenos con técnicas de improvisación, expresión corporal, audicións, prácticas vocais e instrumentais, historia..., todo iso mediante actividades divertidas e atractivas.
Este xoves atrevéronse a sacar ao patio da escola o jazz que levan dentro e o fixeron de medo, literalmente, porque aproveitaron a ocasión para tamén celebrar o Samaín xogando e cantando.
Unha fórmula para ensinar deleitando mentres se esperta nos nenos o interese polo mundo creativo e imaxinativo da música.
Relacionadas:
-
É o "Día de los muertos" no Crespo Rivas
Por Mónica Patxot |
-
Non me gustan as vacacións, porque non hai cole
Por Oskar Viéitez |
-
As escolas infantís máis demandadas este ano son o Crespo Rivas, o Vilaverde e o Álvarez Limeses
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Crespo Rivas e a paixón polo ensino
Por Oskar Viéitez |
-
Premios ás boas prácticas do Crespo Rivas e do Instituto Luis Seoane
Por Oskar Viéitez |
-
Sorpresa pirata no Crespo Rivas
Por Mónica Patxot |