Prisión para dous acusados de vender droga nun piso da avenida de Uruguai
Por Oskar Viéitez
A Sección Cuarta de la Audiencia de Pontevedra resolveu este xoves mediante un acordo de conformidade o xuízo contra dous acusados de vender cocaína, haxix e marihuana nun piso situado na avenida de Uruguai de Pontevedra.
Os acusados son un home de 47 anos natural de Pontevedra, que conta con antecedentes policiais, e outro varón de 45 anos natural de Vigo, tamén con antecedentes policiais. Asumirán penas de dous e tres anos de prisión, respectivamente.
A detención destes dous individuos permitiu a desarticulación dun punto negro de estraperlo de droga así como a intervención de 600 doses de cocaína, haxix e marihuana, así como útiles e efectos para a manipulación do estupefaciente e a elaboración de "papelinas" destinadas ao consumidor final, segundo o relato policial.
As detencións foron levadas a cabo nunha operación conxunta das policías Local e Nacional en novembro do ano 2013.