Declaran en concurso necesario de acredores á Área de Servicios Placeres
Por Redacción
O Boletín Oficial do Estado do mércores 29 de outubro publica a declaración de concurso necesario de acredores da empresa Área de Servizos Placeres, S.L. situada en Lourizán ao pé da estrada de Marín-Pontevedra.
No concurso necesario un acredor impagado é o que solicita o concurso da empresa. Unha situación que presenta maiores garantías para os acredores e máis dificultades para a sociedade concursada xa que o órgano de administración da empresa perde totalmente as súas funcións, é suspendido e substituído pola administración concursal.
O xulgado do Mercantil número dous de Pontevedra, acordou a intervención das facultades de administración e disposición que seguirá exercendo o debedor e designouse, como administración concursal ao economista Isaías González García.
A Área de Servizos Praceres ten un equipo de 15 traballadores.