A rúa Rafael Areses permanecerá cortada o xoves
Por Redacción
As obras de substitución de 18 cristais de grandes dimensións, danados durante os temporais de Nadal e ubicados sobre o vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura, iniciárase no pasado mes de setembro. Factores climáticos impediron que a obra se concluirá naquelas datas polo que será precisa unha xornada extra, a de mañá, para instalar as pezas de cristal restantes.
Será necesario contar novamente coa axuda dunha grúa, ubicada á altura das instalacións da Policía Local, de 110 toneladas de carga e un brazo de preto de 65 metros, necesario para achegarse á zona de difícil acceso que é a cuberta inclinada na que se atopa a vidrieira sobre o vestíbulo do auditorio.
Ao traballos rematarán a última hora de mañá e impedirán o tráfico de vehículos nese punto concreto. O acceso ás zonas de aparcamento tanto na explanada superior do Recinto coma no resto da rúa Rafael Areses estará habilitado en sentido oposto ao habitual. O tráfico peonil só está permitido durante o mediodía, xa que se paralizan momentaneamente as obras.